Marcadores

Marcadores

12/05/2013

A importancia que o estudo do portugués adquire en Estremadura.

Recolle o semanario Sermos Galiza unha nova moi interesantes sobre a importancia que desde o goberno Estremeño se lle dá ao portugués, unha das linguas con máis falantes e que abre gran cantidade de portas. E se a un estremeño lle resula doado aprender a lingua veciña, para canto máis a nós que xogamos cunha grande vantaxe.
Reproducimos a totalidade da noticia e desde aquí podedes acceder á publicación:

"O secretario xeral de educación de Extremadura, César Díez Solís afirmou que para o seu goberno o portugués é unha “prioridade absoluta” na política educativa, non só pola proximidade senón tamén pola dimensión internacional da lingua portuguesa. Nas Jornadas de Lingua e Cultura Lusófona debullou todas as liñas de traballo do seu goberno para promover o ensino do portugués.

“Estamos a dar pasos importantes para potenciar o portugués. Non só pola proximidade con Portugal senón tamén pola dimensión que está a adquirir a lingua portuguesa a nivel internacional, como a proxección de países emerxentes como Brasil”, dixo César Díez Solís nas Jornadas de Lingua e Cultura Lusófonas que a  Associação de Professorado de Português na Extremadura (APPEX) organizou este fin de semana. 
En Extremadura o portugués xa é o segundo idioma na primaria e terceiro no ensinos secundário, con tres seccións bilingües español-portugués. 
 "Xa é o segundo idioma na primaria e terceiro no ensinos secundário, con tres seccións bilingües español-portugués"
O responsábel de política educativa do goberno de Extremadura sinalou que ademais de ampliar a presenza no ensino obrigatorio están apoiando o portugués en escolas oficiais de idiomas xa que o obxectivo é a promoción da lingua non só na comunidade educativa senón na cidadanía en xeral. 
Alén da súa inclusión en planos oficiais, Díez Solís debullou outras iniciativas encamiñadas á promoción do idioma como o  Programa de Lingua e Cultura Portuguesa, a presenza no Instituto de Linguas Modernas da Universidade ou o desenvolvemento de distintos programas en parcería con Portugal. A televisión pública, Canal Extremadura, inclúe na súa programación con carácter semanal o espazo  “Falamos português”, dedicado á aprendizaxe da lingua, desenvolvido a través da APPEX. No marco das xornadas, o secretario xeral de Educación anunciou inicio dun novo portal para a aprendizaxe do portugués que dará nun banco de recursos en rede.  A nova iniciativa nace co nome “Rincón didáctico de Portugués”, para o que Díaz Solís solicitou a colaboración de docentes para fornecer de contidos educativos dixitais a un portal que nace con vocación de difundir a lingua e a súa aprendizaxe. 


Nenhum comentário:

Postar um comentário